Antiga Fábrica de Sel
Antiga Fábrica de Sel
1/1
Antiga Fábrica de Sel Fábrica de conservas · 1894
Antiga Fábrica de Sel
Antiga Fábrica de Sel
Antiga Fábrica de Sel

CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO MARÍTIMO DE MUROS. ANTIGA FÁBRICA DE SEL

Dende a Idade Media o porto de Muros destaca pola súa produción pesqueira, en particular da sardiña, que era exportada a lugares afastados grazas á salga. Dende finais do século XVIII a riqueza destes mares fai que se asenten en Muros, e no resto da Ría, numerosos industriais que lle dan un novo enfoque a esta tradición.

As fábricas de salgado primeiro e conserveiras despois, cambian por completo a economía de Muros e os modos de vida das xentes do mar.  

A gran explosión desta nova industria tivo lugar durante o século XIX e prolongouse ata a entrada da centuria seguinte. Sen embargo, a sobreexplotación tivo o seu reverso e acabou por abocar ó cerre a boa parte das fábricas. 

Timoteo del Sel , orixinario da vila cántabra de Castro Urdiales e emigrante en Arxentina, regresaría de Bos Aires contra 1883, asentándose coa súa familia en Muros en 1894.

Autorizado por Real Orde do Ministerio de Fomento do 1 de febreiro de 1894, levantaría na praia de Axesta, a xeito de peirao, un muro de cachotería delimitando o perímetro marítimo. Enriba del, unha casa vivenda de baixo, un andar e faiado,  tras dela, dous edificios iguais, que acollerían as instalacións fabrís.

Foi a primeira fábrica de conservas que se instalou no Concello de Muros e mantivo a súa actividade ata o ano 1977.

A fábrica cesaría en 1977 coa súa actividade.

No 2008 levase a cabo unha fonda restauración, na actualidade é de titularidade municipal e funciona como Centro Multiusos, ademais un dos seus edificios alberga o  Centro de interpretación do patrimonio marítimo, un lugar onde comprende a longa vinculación histórica de Muros co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento. Facendo o percorrido polas súas salas a persoa visitante coñecerá a actividade pesqueira en diferentes ámbitos, así como o seu desenvolvemento no descorrer da historia: a pesca, o marisqueo, os métodos de conservación, dende o primitivo salgado ata a conserva, a carpintería de ribeira...

Grazas ás cesións e á colaboración de persoas e asociacións sen ánimo de lucro o Centro de interpretación de Sel conta con varias exposicións permanentes:

Entre a salga e a conserva

A carpintería de ribeira

Dúas embarcacións

Maquetas de embarcacións

Lendas do mar

Naufraxios

Organismos colaboradores