Capela de San Xosé
Capela de San Xosé
1/1
Capela de San Xosé Capilla barroca · 1727
Capela de San Xosé

Capela de San Xosé.

A súa construción data do ano 1727, ano na que a capela foi funda por Pedro Teixido de Turnes e a súa muller Catalina Pérez de Reloba, tal e como se nos indica nas inscricións que figuran a ambos lados da fachada. Presenta un escudo formado dun so cuartel, cunha cruz no centro, a todo o alto; á dereita unha espada espida e a esquerda unha palma e sobre o todo, unha coroa de nobreza.

Estas armas constituían os atributos do Tribunal da Inquisición que usaban os que pertencían  a ela, desempeñando cargos coma o Inquisidor, comisario, Familiar, etc de Santo Oficio, que ao parecer era o marido da filla dos fundadores desta capela,.

 En fronte á capela atópase o cruceiro que data do mesma época, presenta pouca altura, a columna é octogonal e descansa sobre un pequeno zócalo, o cal descansa a súa vez sobre catro filas de escaleiras en cadros concéntricos. Sobre un pequeno capitel aséntase a cruz e sobre ela a imaxe do Crucificado. A cruz é biselada en forma de flor. 

Nos anos corenta do século pasado constrúese un colexio neste lugar quedando a capela pegada ao colexio, na actualidade é a Escola Municipal de Música e segue sendo unha construción anexa a capela con comunicación directa mediante unha porta interior.

Organismos colaboradores