Casa con soportal
1/1
Casa con soportal Arquitectura popular · Fronte marítima

Casa con soportal

Trátase dun elemento singular das vivendas de Muros. 

A función do soportal é diversa. Proporciona un lugar de refuxio ante as inclemencias do tempo e a súa orixe débese á localización dos puntos de venda dos diferentes artesáns do medievo. Tamén servía para gardar os aparellos de pesca e, ás veces, as dimensións dalgúns deles permitían incluso gardar a propia embarcación. O espazo interior dedicábase en moitos casos como adega de salga emprazada na planta baixa que daba ao soportal.

A planta terrea era empregada polos mariñeiros como almacén, quedando a vivenda limitada ao andar superior.

Aínda se conservan varios exemplos formando parte dun conxunto bastante ben conservado en toda a fronte marítima, e na Praza da Pescadería Vella.

Organismos colaboradores