Cine París
Cine París
1/1
Cine París Modernismo · 1944
Cine París

Cine París.

Nos anos 20 e 30 medra a poboación en Muros e Ramón París, un grande aficionado ao teatro e ao mundo do espectáculo decide construír en 1939 un novo local para espectáculos. O lugar escollido situase na fachada marítima da vila. A obra remátase en 1944. O Cinema París, nome co que ía coñecerse o local, non só ia dedicarse á proxección de películas, senón que tamén a actividades teatrais, musicais, etc. O cinema pechou as súas portas no 1983.

O edificio é obra do arquitecto coruñés Leoncio Bescansa Casares, pertence aos movementos artísticos que marcaron a primeira década do século XX, o Modernismo e o Historicismo eclético, tipoloxía histórica e arquitectura dos cines da primeira metade do século XX, xa que na actualidade consérvanse moi poucos deste tipo.

Organismos colaboradores