Fábrica de salgadura de Roura
Apenas estivo en funcionamento medio século. Foi construída por Pablo Roura (asentado en Portosín) no 1871.
Aínda que con anterioridade mercara esta propiedade verbalmente, non será ata o 15 de agosto de 1871 cando formaliza a compravenda en escritura pública.
O nome de Cabanas ao parecer venlle porque antes da construción da salgadura existían no lugar casetas ou "cabañas" de pescadores.
A fábrica de Cabanas estivo en funcionamento ata 1936, e logo tivo un segundo período de actividade, de 1939 a 1945, explotada por Jesús Carreró, industrial que posteriormente comprou outra salgadura en Somorto, Esteiro.
O que máis chama a atención son os dous peiraos, feitos de grandes perpiaños, nos que se desembarcan as lanchas que traían peixe, sardiña fundamentalmente para a fábrica.
Non hai case información sobre a súa construción pero pódese apreciar que foron construídos en momentos diferentes.
O primeiro, o máis exterior, está formado por grandes pedras e polo seu maior calado posiblemente utilizouse para atraque de galeóns e balandros.