Introdución ao Casco Histórico
Introdución ao Casco Histórico
1/1
Introdución ao Casco Histórico Conxunto histórico · Vila de Muros
Introdución ao Casco Histórico
Introdución ao Casco Histórico
Introdución ao Casco Histórico

INTRODUCIÓN

O municipio de Muros está situado no extremo noroccidental da ría de Muros e Noia, a más setentrional das Rías Baixas. Ao igual que a maioría de dos concellos galegos, Muros conta cun  elevado número de núcleos ou entidades de poboación. A extensión do termo municipal é de 72,5 km² e divídese en oito parroquias (Esteiro, Tal, Abelleira, Torea, Serres, Sestaio, Muros e Louro), nas que se distribúen un total de 104 lugares segundo o Nomenclátor de Galicia. 

O noso extenso e recortado litoral conta cunha gran variedade de praias, algunhas case virxes, que se suceden ao longo da liña de costa e que supoñen o 32.46 % da lonxitude de costa. 

Conxunto Histórico: Contexto histórico

A vila de Muros foi declarada Conxunto Histórico en 1970. 

Foi fundada polo rei Sancho IV no século XIII (1286), pero a finais do século XIII deixa de ser vila de realengo, para depender da Sede Compostelán, por concesión do rei Fernando IV (1299). Estes datos están recollidos na Carta de Privilexio de Felipe II, do ano 1571 (documento en pergameo que se conserva no arquivo histórico do Concello de Muros), que se trata dunha proba escrita moi valiosa. 

Pensase que o Muros primitivo ocupaba o mesmo lugar que o actual, situación que obedecera a motivos defensivos debido a posibles ataques da piratería, xa que , ao parecer, dende a badía non se vería o pobo, facilitando así a defensa e a fuxida da poboación no caso de necesidade.

En 1520 a vila foi circundada por unha muralla chapada en pedra de entre tres e catro metros de grosor que alcanzaba os sete metros de altura, e que dividía a poboación en dous barrios: o da Cerca e o da Xesta.

A historia de Muros non se pode desligar da importancia comercial do seu porto e do mar. Xa que no ano 1452, o rei de Castela, Xoán II, cita ao porto de Muros coma un dos máis grandes de Galicia, habilitándoo para exportar e importar.

Un acontecemento de gran importancia histórica tivo lugar no ano 1543, cando a Armada Española, ao mando do almirante D. Álvaro de Bazán derrota á escuadra francesa na Batalla de Muros. O combate naval apenas durou dúas horas pero a derrota dos franceses foi total e pasou á historia por ser a primeira batalla moderna do Atlántico.

Un importante suceso relacionado co mundo do mar foi o naufraxio en augas muradanas, o día 28 de outubro de 1905 do buque de guerra da Armada Española o "Cardenal Cisneros", que fixo á vila de Muros merecedoras do título "Muy Humanitaria", distinción feita no ano 1906 polo rei Alfonso XIII, xa que a xente de Muros non só salvou de morrer afogado aos máis de 500 homes que formaban parte da tripulación, senón que tamén os acolleu durante varios días solidariamente nos seus fogares. A este novo título hai que engadir o de "Moi Nobre e Moi Leal" que xa lle foran concedidos con anteiroridade.

Organismos colaboradores