Praza da Leña
1/1
Praza da Leña Praza histórica · Cruceiro do Cristo

**A Praza da Leña[ **]

Foi un importante centro comercial na Idade Media. Naquela época, empregábase como mercado de leña, un recurso esencial para a vida diaria. A leña era transportada en carros de madeira e vendida para alimentar os fornos das panaderías e quentar os fogares da cidade.

A partir da colocación do Cruceiro que preside a praza, o 15 de decembro de 1789, coñécese co actual denominación "Praza do Cristo". Mandouno facer Antonio de la Cruz e a súa muller Melchora Sánchez.

Trátase dun cruceiro de gran altura e aséntase sobre un bloque labrado que descansa a súa vez sobre filas de escaleiras formando cadrados. O fuste é dunha soa peza e é octogonal. O capitel onde se asenta a cruz, que é cilíndrica con nos ou espiñas, ten catro cabezas de anxos nos seus lados e nos ángulos, frontes e demais contornos,  adornos e follaxes. Por un lado está a imaxe do Redentor e polo outro a Virxe das Dores sobre unha ménsula, que descansa sobre a cabeza dun anxo, ambas imaxes terán cerca de un metro de alto.

Organismos colaboradores