Sestaio (San Miguel)
Sestaio (San Miguel)
1/1
Sestaio (San Miguel) Igrexa parroquial · s. XVI
Sestaio (San Miguel)
Sestaio (San Miguel)

SESTAIO (San Miguel)

Xa aparece no Tombo de Toxos Outos (libros de gran tamaño, fabricado en pergameo que institucións relixiosas ou outras comunidades conservan no seu arquivo para facer constar as súas pertenzas e privilexios)  citado como Cistau en 1158, incluída a advocación a San Miguel (tamén aparecen citados Pando (situado na parroquia de Torea), Serres e San Pietro de Muros), 

No "Dicionario Xeográfico -- estadístico -- histórico de España"[  de Pascual Madoz 1845 -- 1850 a] parroquia de San Miguel de Sestaio aparece referenciada coa forma Sestayo. Dise nese dicionario que a freguesía ten un terreo desigual, e menciona a calidade das terras de cultivo, que están regadas por un río pequeno que vai desaguar na ría, non cita o nome, pero debe tratarse  do Valdexería. Entre os produtos agrícolas destaca, como outros lugares do concello, o centeo, o millo, o liño, o trigo, os legumes e froitas. A cría de gando céntrase no vacún e hai tamén boa caza e pesca, sobre todo de troitas e anguías. Non se indica a existencia de ningunha industria, agás os muíños fariñeiros.

No Nomenclátor español de 1860 só se cita a aldea cabeceira da parroquia, e no de 1880 aparecen, ademais del a Eiroa (que rexistra 30 habitantes) e O lugar de Fondo (que rexistra 56 veciños).

A  súa Igrexa é de pequeno tamaño e trátase dunha construción do século XVI, en pedra de perpiaño e a súa fachada conta cunha espadana con dúas campás e unha cruz no alto.

Organismos colaboradores