Xosé Agrelo Hermo
1/1
Xosé Agrelo Hermo (1937–2006) Escritor e mestre · Esteiro

Xosé Agrelo Hermo (1937 -2006)

Nado en Noia, estudou no Seminario de Santiago e a punto de facerse sacerdote abandonou.

Mestre de profesión impartiu escola en Boiro, Outes, Torea, Esteiro e no IES As Insuas de Muros onde foi director.

Escritor recoñecido, foi autor de numerosas obras entre as que destacan: "O Espantallo" (Premio Facho, 1971), as pezas de teatro: "Noite de Lobos", "Metá e Metá", "O Mestre". Obras de narrativa como "O Xogo Dramático" (de con, por para nenos), "Candea 70", "A Freguesía de Santa Cristina de Barro", "A Freguesía de Santa Mariña de Esteiro",  "Avilés de Taramancos", "Cantiga da Costureira Poeta". "María Mariño", "Derrota e Singraduras do Joaquín Vieta, Noia". "Porto de Compostela", "O Cartafol de Ruperta". A novela "Os Sete Coitelos" e o relato de aventura "Rumbo ao Maluco".

Dinamizador cultural con gran vocación teatral fundou e dirixiu grupos teatrais: Talía de Noia (1962-66), Candea de Noia (1973-80), Agrocovo Teatro infantil do Colexio de Esteiro (1975-98), Xestruco de Esteiro (1982-86), e o Xeito de Esteiro (2004).

Redactor xefe da revista Barbanza (1988-90), director da revista A Motora (1993), membro da redacción da revista Alameda e director de publicacións da Editorial Toxosoutos.

Político nacionalista galego foi candidato ao senado polo BN-PG en 1977 e ao Congrso en 1979 e concelleiro en Muros polo BNG de 1979 a 1987.

Soterrado en Barro (Noia), a súa parroquia natal

Organismos colaboradores